Con este tema intentaremos transmitir a importancia que ten coidar o son (e os silencios) na túa película: os diálogos, as voces, o rango dinámico, todo debe estar ó servizo de contar unha historia. A música é unha actriz máis que nunca debe ser escollida simplemente por “tapar” unha mala gravación. Escoitando ó director e músico Enrique Otero e ó técnico de son David Machado aprenderemos que o fundamental do son é que arroupe as interpretacións e o guión.