Profes da Olloclase

Cada Olloclase está impartida por unha parella de “olloprofes”. A nosa selección tén por obxectivo dar unha mostra do nivel profesional do noso país, visibilizar ás mulleres do audiovisual, e representar, na medida do posible, as diferentes correntes que coexisten hoxe por hoxe no noso cine.

Pinchando nos nomes accederedes ó seu OlloCV, un “rebusco” Olloboi da obra de cada creador e creadora:

  1. A vida dunha película: Alfonso Zarauza e Jaione Camborda (Realizadores)
  2. Guión: Araceli Gonda, Andrés Mahía e Pato (Guionistas)
  3. Composición: Alberte Branco e Lucía C. Pan (Directores de fotografía)
  4. Arte e estética: Fany Bello (Estilista) e Ángel Amaro (Director de Arte)
  5. Interpretación: Miguel de Lira (actor) e Sandra Montes (Axudante de Dirección e Directora de Casting)
  6. BSO: Enrique Otero (Realizador e Músico) e David Machado (Técnico de son)
  7. Planos: Luís Avilés e Giselle Llanio, (Realizadores)
  8. Montaxe: Jorge Coira e Sandra Sánchez (Realizadores e Montadores)
  9. O noso audiovisual: Beli Martínez (produtora e doutora en comunicación audiovisual) e Carlos Ares (guionista e Director da Academia Galega do Audiovisual)