Esta Olloclase mostra como a capacidade narrativa dun montador/a é unha das súas cualidades principais: con honestidade e oficio, Sandra Sánchez e Jorge Coira aportáronnos interesantes claves para afrontar a montaxe dunha película en continuidade, facendo fincapé no tipo de cortes, no ritmo, na duración dos planos, no tempo psicolóxico… unha delicia de charla para quen queira profundizar no concepto da montaxe e non limitarse a pegar planos!