O primeiro paso para facer unha curta é ter algo que contar. Nisto insiste moito o noso olloprofe Xosé Castro “Pato”, quen xunto ó seu socio Andrés Mahía e á guionista freelance Araceli Gonda, van destripando aqueles aspectos que eles máis coidan nun guión: a presencia do conflito, os puntos de xiro, os personaxes, as historias…