Da man do presidente da Academia do Audiovisual, o guionista Carlos Ares, e da profesora e produtora Beli Martínez, próxima ós e ás creador@s de novo cinema galego, faremos un repaso dos fitos da historia do noso audiovisual, comprendendo que temos unha variedade e riqueza que é mester conservar e impulsar.