Neste capítulo aprenderemos o papel do Departamento de Arte e Estética nunha película: son os encargados da plástica ou aspecto visual, xunto co de Fotografía e Dirección. Decorados, utilería, vestiario, maquillaxe, peiteado… O director de Arte Ángel Amaro e a xefa de Estilismo Fany Bello fálannos dalgúns dos seus trucos á hora de afrontar un proxecto.