Na edición 2017 experimentamos este formato, que é unha xincana ou roteiro audiovisual onde as probas son elaborar pezas audiovisuais en diferentes paradas con contido social. Eses contidos viñeron dados pola Unión de Muchachas, e o formato para crear e subir contidos aportárono as empresas Gingko e Cristina de la Torre.
Este traballo quedou plasmado no mapa emocional Boirobello, un fermoso traballo sobre a memoria histórica da Rúa Principal que podedes ver enteiro nesta web que tén vídeos, fotos, e como non: o mapa