Di o realizador Luís Avilés, “en sentido amplo unha película é tamaños de plano, movementos de cámara e angulacións“. Loxicamente está simplificando, pois logo tanto el como Giselle Llanio fan fincapé na importancia de que toda esa planificación estea supeditada á verdade das interpretacións. Pero como eles mesmos recoñecen: convén saber o que conta cada tipo de plano, cada ángulo e cada movemento, para así non enganar ó público.