(Arte) Profes

Neste capítulo aprenderemos a función do Departamento de Arte e Estética nunha película: un departamento que debe estar en constante contacto co de Dirección para proporcionar un aspecto final coherente coa historia que se conta. Son @s encargad@s da plástica do filme: decorados, utilería (atrezo), vestiario, maquillaxe, peiteado… O director de Arte Ángel Amaro e a directora de Estilismo Fany Bello fálannos dalgúns dos seus trucos á hora de afrontar un proxecto. Escollimos a estes dous profesionais pola súa rica experiencia no mundo do cine e a televisión, como o demostran os premios que levan gañado: Mestre Mateo (Deseño de Arte no audiovisual) e María Casares (Estilismo en teatro). Asemade, ambos traballaron en producións internacionais, co cal teñen unha perspectiva mellor do estado do audiovisual galego. Finalmente, mentres Ángel se formou a través da experiencia no propio cine, Fany fíxoo en escolas españolas, polo que ó final do vídeo adicamos uns minutos a falar do tema.

Como en todas as unidades, recomendamos adicar unha sesión á proxección da Olloclase e a continuación elaborar as actividades para reforzar o visto no vídeo. Ofrecemos dous tipos de contidos, interactivos ambos: nivel básico e avanzado. Corresponde a cada profesor/a escoller que nivel corresponde ó seu alumnado; na nosa estimación, de 4º ESO en adiante parece máis oportuno o avanzado. En todo caso, o nivel básico pode ser útil como actividade de reforzo. Complemento á Olloclase son os apuntamentos que hai a continuación da mesma.

Nunha segunda sesión habería que acceder ó capítulo de Prácticas, onde propoñemos dúas pezas audiovisuais que gañaron no seu momento premios no Festival OlloboiContedor munisipal (CPI Dodro) e Composclick (CPI de San Vicente, a Baña). En ambas hai unha interesante aposta estética, e ben diferente: unha xoga con decorados e cromas e aposta por un estilismo moi marcado. A outra opta polos exteriores e unha orixinal utilería coa que chamar a atención sobre o contido do vídeo.

Suxerimos que na aula se vexan ambas pezas e que o alumnado se axude das cuestións guía que hai a continuación para realizar a análise fílmica dunha das obras que propoñemos. Sería recomendable facer, ó final da sesión, unha valoración conxunta destas análises.

Finalmente, propoñemos unha práctica que sirva de concreción dos contidos vistos na Olloclase. Entendemos que cada centro terá o seu proxecto particular; nós baseámonos na creación dunha historia en torno ós mercados locais ou prazas de abastos. Nos mercados hai moitos recursos persoais e materiais que filmar, unha gran variedade cromática e un amplo rango dinámico de sons. As historias que xorden neste tipo de lugares poden ser útiles para tratar contidos de Historia e Xeografía (a evolución dos mercados nas nosas vilas), Economía e Matemáticas (as formas de comercio), Linguas (vocabulario relativo ós diferentes produtos en venta e os oficios), Ciencias e Tecnoloxía (a industria do frío, a fermentación de produtos, os métodos de transporte…), etc.

Cada práctica pode ser avaliada a través da rúbrica que engadimos a continuación, aínda que nos permitimos suxerir que se faga unha valoración máis cualitativa do que este tipo de instrumentos estandarizados ofrece.

Para rematar, incluímos os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe e competencias clave que corresponden a este tema.

NOME da UNIDADE
OBX
CONTIDOS
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
COMPETENCIAS CLAVE
6. INTERPRETACIÓN Construción de personaxes, técnicas formación, racord emocional
e

g

i
B2.14. Linguaxe multimedia como ferramenta de traballo.
B2.11. Comprender os fundamentos da linguaxe multimedia, valorar as achegas das tecnoloxías dixitais e ser capaz de elaborar documentos mediante este.
EPVA B2.11.1. Elabora documentos multimedia para presentar un tema ou proxecto, empregando os recursos dixitais de xeito axeitado.
CD