1. A vida dunha película

a-vida-dunha-peliculaEste é o primeiro capítulo do Aprendo con Olloboi, e por iso cómpre miralo con atención. Na Olloclase deste tema contamos co santiagués Alfonso Zarauza e a vasca Jaione Camborda, dous directores de perfil ben diferente que nos van contar como afrontan a realización dunha película ó longo de todo o proceso, no que eles están involucrados desde a preprodución ata a propia distribución. Como veredes, é moi diferente a experiencia de Alfonso Zarauza, director de películas con grandes equipos, que a de Jaione Camborda, autora de pezas experimentais de pequeno equipo.