Rematou o festival Olloboi 2017

Este venres celebramos o noso oitavo festival audiovisual escolar cun montón de novidades que nos deixaron un moi bo sabor de boca.

Pola mañá, preto de 160 rapazas e rapaces de toda Galicia acudiron a Boiro para facer un roteiro socio-audiovisual que organizamos en colaboración coa asociación local Unión de Muchachas e as empresas Gingki e Cristina de la Torre. Froito dese traballo elaboramos un mapa emocional con 26 pezas audiovisuais que podedes consultar neste link!

Os actos da tarde discorreron todos nos Asteleiros Triñanes, unha fantástica ubicación para o noso cinefórum (con Peter Brandon e Dhogs este ano), a presentación de Aprendo con Olloboi e a entrega de premios, que foron:

Aquí vos quedan unhas fotos da xornada, por se non puidestes asistir!
Olloboi 2017